22/11/15

CONCELLO DE MOAÑA. Listas Substitución.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 225 do 20 de novembro de 2015, o Concello de Moaña publicou a convocatoria para a confección dunhas listaxes de substitución para varios postos:

- Limpador
- Conserxe de servizos múltiples
- Condutor. Titulación exixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
- Oficial 1ª albanel–enterrador. Titulación exixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
- Oficial 1ª carpinteiro. Titulación exixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
- Oficial 1ª electricista Titulación exixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
- Pón de servizos múltiples
- Monitor da ludoteca. Titulación exixida: Ciclo formativo superior en animación sociocultural ou educación infantil ou títulos equivalentes

Sistema selectivo: oposición
 
- Profesor de trombón
- Profesor de frauta travesa
- Profesor de piano

Sistema selectivo: concurso-oposición.

O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra. Polo tanto este prazo remata o luns 30 de novembro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario