No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 42 do 3 de marzo de 2014, o Concello de Porto do Son publica a convocatoria e bases que rexerán a provisión en réxime de interinidade dunha praza de auxiliar administrativo.
Titulación esixida: título de graduado en educación secundaria obrigatoria, formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou superior.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados desde a publicación do anuncio da convocatoria nun xornal.
Visto o prazo de presentación de solicitudes que establece a convocatoria aquelas persoas interesadas en presentarse deberán revisar os posibles xornais para establecer o prazo de presentación das solicitudes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario